A cociña xa dispón de novas enerxías co novo equipo de cociña de 2º curso da ESO ( Althea, Javier, Claudia, Brais, Zoe, Akira, Xela, Mateo e Raquel X.). E nada mellor que esta dobre receita para abrir boca.
Esperamos seguir facendo historia e descubrindo novos valores e ilusións entre os fogóns da nosa cociña.
MINIBURGUER
DE FIGO E RULO DE CABRA
Ingredientes
·
Figos
·
Queixo de rulo de cabra
·
Xamón
·
Boliños de pan
·
Reladura de laranxa
·
Aceite de oliva e sal
Preparación
1.
Facer rebandas cos figos
e o queixo e caramelizalos nunha prancha.
2.
Torrar os boliños de pan pola
metade.
3. Saltear un chisco o xamón.
4. Montar a miniburguer:
pan+ rulo+ xamón + figo + aceite+ sal + reladura de laranxa + pan.
MININUBE
DE IOGUR E FIGO
Ingredientes
·
Figos
·
Iogur natural
·
Azucre
·
Romeu
·
Reladura de limón
·
Aceite de oliva e sal
Preparación
1. Cortar o figo horizontalmente pola parte superior e poñelo boca abaixo
nunha fonte e sobre unha capa de azucre + romeu.
2. Ao forno 10´a 180º
3. Presentar o figo sobre unha nube de iogur e coroado coa reladura de limón.
4. Esparexer ao redor o líquido da cocción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario